durmindo_nos_lloureiros
2005-03-29 20:54:42 UTC
La Voz de Galicia, Miercoles, 23 de Marzo de 2005, CULTURA
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=3571618&txtDia=23&txtMes=3&txtAnho=2005
CULTURA Y TV
LENGUA
O PSOE pide á Xunta que promova o galego nas zonas estremeiras
(c.f. | santiago)
O grupo parlamentario socialista presentou unha proposta non de lei para que
a Xunta de Galicia promova a protexa o galego alén dos territorios de
Galicia.
Segundo o texto presentado polas parlamentarias socialistas Natividad
González Laso, Laura Seara Sobrado e Manuel Luis Rodríguez González hai máis
de 80.000 galego falantes repartidos no occidente de Asturias, o Baixo
Bierzo, catro concellos occidentais de Zamora e máis os lugares da fala en
tres vilas de Cáceres.
As propostas que inclúe o texo presentado son catro. En primero lugar, o
grupo socialista considera necesario establecer acordos coas institucións
educativas e culturais de Asturias, León, Zamora e Extremadura para que o
galego pase a formar parte de xeito permanente dos programas de actividades
culturais e educativas destas zonas.
Circuitos culturais
A segunda das iniciativas proposta quere que os circuitos culturais
promovidos pola Xunta de Galicia se extendan ata as catro zonas con fala
galega, de forma que poidan chegar ata elas as actividades en galego que xa
se poden ver no país.
Tamén é necesario, segundo a proposta, fortalecer as relacións entre os
galego falantes destes espazos estremeiros e os do país. Os socialistas
propoñen promover programas vacacionais ou de intercambio para que os
falantes de alá poidan visitar Galicia, tanto para rapaces como para
maiores, a través dos programas deste tipo das distintas consellerías.
O texto da proposta indica que a Real Academia Galega xa conta entre os
académicos con representantes das catro zonas exteriores da Península. Neste
sentido consideran os propoñentes que sería necesario que outras
institucións asumisen unha actitude semellante e, por exempro, solicitan que
o Consello da Cultura Galega integre no seu plenario a representación
permanente destes catro espazos galegofalantes.
O PSOE cree necesario apoiar a actitude de quen está contribuindo nesas
zonas ao espallamento do galego e facer participar á poboación das mesmas
nas iniciativas culturais que contribúan a fomentar a difusión do idioma
galego.