Discussion:
La columna Ceano (2 parte)
(demasiado antiguo para responder)
durmindo_nos_lloureiros
2005-10-06 21:39:34 UTC
Permalink
FARO DE VIGO, LUNES 03 OCTUBRE 2005, por X.L. MÉNDEZ FERRÍN

O sorriso astur

Vicente Álvarez Areces, en efecto, foi un dilixente e sacrificado
organizador clandestino e responsábel do PCE na zona de Compostela

VICENTE ÁLVAREZ ARECES (Estudante de Ciencias Matemáticas Santiago). Detido
en Santiago o día 10 de Marzal. Permaneceu tres días en Comisaría, sendo
golpeado polos inspeutores que o interrogaban, de xeito arrepiante. Denuncia
posteriormente os malos tratos ao Xuíz. Este decreta a prisión provisional,
pasando a disposición do TOP e, xa na cadea, comunícaselle unha multa de
150.000 ptas. imposta polo director xeral de Seguridade. Actualmente está na
cadea a disposición do TOP e cumpre arresto sustitutorio por impago da
multa".

As palabras anteriores son copia literal do panfleto clandestino da UPG
titulado: Marzal de 1972. Un mes de represión en Galicia, e a persoa de que
se fala, entre varios centos máis de represaliados, é o actual presidente do
Principado de Asturias.

organizador clandestino e responsábel do PCE na zona de Compostela e
provincia da Coruña, non só no ámbito estudiantil senón nos sectores
obreiro, profisional e intelectual: "as forzas do traballo e a da cultura"
que daquela definía Carrillo como protagonistas da mudanza de Réxime. Non é
para extrañarse que, ao se desencadearen os grandes movementos populares de
resposta logo dos asesinatos de Daniel Niebla e Amador Rei na Ponte das Pías
de Ferrol, o 10 de Marzo de 1972, a policía franquista se botase derriba de
Areces, o torturase para obter o máximo de información (que, ao parecer, non
obtivo) e fixese que Mariscal de Gante, instructor do Xulgado de Orde
Pública, o procesase por asociación ilícita e propaganda ilegal, con multa
gubernativa como sobremesa. Penso que daquela Vicente Álvarez Areces era
unha das persoas máis odiadas e vixiadas en Galicia polas forzas represivas
franquistas. Este asturiano, desprazado a Galicia probabelmente por razóns
de militancia política, é parte moi importante da historia da resistencia
galega ao franquismo que aínda está por escribir.

No acto de toma de posesión da nova Xunta de Galicia estaba presente Vicente
Álvarez Areces, e iso foi moi importante porque entre as Asturias e a
Galicia autonómicas existe un grave problema sen resolver. Problema que non
por ser de índole lingüística e cultural -de momento- non deixa de ser
importante: o do recoñecemento pleno do galego como lingua propia da Terra
Eo-Navia. Durante o acto, Areces non parou de sorrir e parecía destilar
satisfacción por todos os poros da súa pel. Certamente, para el o acto debeu
de ter un significado moi especial: Touriño, Dolores Villarino, Abel
Caballero e talvez outros formaron parte da organización carrillista que nos
anos sesenta e setenta el dirixía en Galicia. Cantou no acto Areces o Himno
Galego, demostrándolle a todos que el era tamén deste País, cousa certa
porque estivo no pasado implicado na nosa historia de xeito protagonista.
Hoxe non hai URSS nin hai Romenia, para citar dúas referencias do partido de
Carrillo, e son moitos os eurocomunistas que, como Areces, Touriño,
Caballero, Villarino, terminaron nun PSOE que non moveu nin un dedo contra a
dictadura de Franco.

Pro iso é a historia deles. O que agora importa é que o sorriso de Areces
non se borre, que el siga memorizando o noso Himno e que trate de solucionar
con arreglo ao que é xusto o problema lingüístico do Occidente do
Principado, que falou, fala e falará galego.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=23318&pIdSeccion=5&pNumEjemplar=2408
durmindo_nos_lloureiros
2005-10-13 21:48:55 UTC
Permalink
La Nueva España, Jueves , 13 de octubre de 2005 por X. L. MÉNDEZ FERRÍN

La sonrisa astur (1)

«Vicente Álvarez Areces (estudiante de Ciencias Matemáticas Santiago).
Detenido en Santiago el día 10 de marzo. Permaneció tres días en Comisaría,
siendo golpeado por los inspectores que lo interrogaban de modo
espeluznante. Denuncia posteriormente los malos tratos al juez. Éste decreta
la prisión provisional, pasando a disposición del TOP y, ya en la cárcel, se
le comunica un multa de 150.000 pesetas, impuesta por el director general de
Seguridad. Actualmente está en la cárcel a disposición del TOP y cumple
arresto sustitutorio por impago de la multa».

Las palabras anteriores son copia literal del panfleto clandestino de la UPG
titulado «Marzo de 1972. Un mes de represión en galicia, y la persona de la
que se habla, entre varios cientos de represaliados más, es el actual
presidente del Principado de Asturias

Vicente Álvarez Areces, en efecto, fue un diligente y sacrificado
organizador clandestino y responsable del PCE en la zona de Compostela y
provincia de La Coruña, no sólo en el ámbito estudiantil sino en los
sectores obrero, profesional e intelectual: las «fuerzas del trabajo y de la
cultura» que de aquella definía Carrillo como protagonistas del cambio de
régimen. No es de extrañar que, al desencadenarse los grandes movimientos
populares de respuesta tras los asesinatos de Daniel Niebla y Amador Rei en
el Ponte das Pías de Ferrol, el 10 de marzo de 1072, la Policía franquista
se le echase encima a Areces, lo torturase para obtener el máximo de
información (que, al parecer, no obtuvo) e hiciese que Mariscal de Gante,
instructor del Juzgado de Orden Público, lo procesase por asociación ilícita
y propaganda ilegal, con multa gubernativa de postre. Pienso que de aquella,
Vicente Alvarez Areces era una de las personas más odiadas y vigiladas en
Galicia por las fuerzas represivas franquistas. Este asturiano, desplazado a
galicia probablemente por razones de militancia política, es parte muy
importante de la historia de la resistencia gallega al franquismo, aún
pendiente de escribir.

En el acto de toma de posesión de la nueva Xunta de Galicia estaba presente
Vicente Álvarez Areces, y eso fue muy importante porque entre la Asturias y
la Galicia autonómicas existe un grave problema sin resolver. Problema que
no por ser de índole lingüística y cultural -de momento- deja de ser
importante: el del reconocimiento pleno del gallego como lengua propia de la
«Terra Eo-Navia». Durante el acto, Areces no paró de sonreír y parecía
destilar satisfacción por todos los poros de su piel. Ciertamente, para él
el acto debió tener un significado muy especial: Touriño, Dolores Villarino,
Abel Caballero, y quizás otros, formaron parte de la organización
carrillista que en los años sesenta y setenta él dirigía en galicia. Cantó
en el acto Areces el himno gallego, demostrándoles a todos que él era
también de este país, cosa cierta porque estuvo en el pasado implicado en
nuestra historia de manera protagonista. Hoy no hay URSS ni hay Rumanía,
para citar dos referencias del partido de Carrillo, y son muchos los
eurocomunistas que, como Areces, Touriño, Caballero, Villarino, terminaron
en un PSOE que no movió ni un dedo contra la dictadura de Franco.

Pero eso es asunto suyo. Lo que ahora importa es que la sonrisa de Areces no
se borre, que él siga memorizando nuestro himno y que trate de solucionar
con arreglo a lo que es justo el problema lingüístico del occidente del
Principado, que habló, habla y hablará gallego.

X. L. Méndez Ferrín es columnista del «Faro de Vigo»

http://www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=336902&pIdSeccion=52&pNumEjemplar=1060
Post by durmindo_nos_lloureiros

Loading...